En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Na tradición literaria, os espellos sempre foron obxectos que redimensionan a realidade dun xeito que ningún outro recurso é quen de conseguir. Se Carroll nos descubriu un mundo «marabilloso» detrás dun, Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. Por exemplo, o da morte que revive nunha fantasmagoría nesa especie de inframundo lovecraftiano que tanto nos apaixona nestas latitudes; tamén o do uso, ou máis ben o abuso, do poder e da forza nas relacións humanas que se plasma na fraxilidade da vida que o autor tracexa con mestría na alegoría das almas en pena, que nin viven nin morren e que legan a certeza maciza e densa da incerteza vital; e tamén o humor, sempre acedo, que fai caricatura dos personaxes dos que queremos, mesmo precisamos, rir nalgún momento, porque na vida real apenas si poderiamos saudalos A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.
Este libro de relatos é un exemplo excepcional da tradición contista galega, pois ofrece unha variedade argumental e unha calidade estilística que sen dúbida ningunha mereceron o Premio Risco de Creación Literaria de 2015. Salienta a construción dos ritmos discursivos, que transmite con moita efectividade os ambientes e atmosferas para desenlazalos sempre de xeito sorprendente, así como unha riqueza léxica que lle achega á obra un universo narrativo propio.
Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.