Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista. Os seus poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004; Galaxia, 2024), recollidos en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023) convertérona nunha das voces máis importantes da literatura galega dos nosos tempos. No campo dramático, salientan: Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2011), que se presentan neste volume xunto coa peza inédita Os pasos contados. Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). En canto ao ensaio deu ao prelo O “Don Hamlet” de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024) e O outro lado da música, a poesía (1999, reeditado por Editorial Galaxia en 2020).
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.