López Taboada, Carme. Nace en Sendelle, Concello de Boimorto. A Coruña, 1950. Licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago, combina a investigación no eido da lingüística, a creación literaria e a tradución co exercicio da docencia no IES Eusebio da Guarda da Coruña como Catedrática de Lingua Galega e Literatura. A súa preocupación didáctica levouna a colaborar con distintos colectivos pedagóxicos e publicar diferentes obras: Guía didáctica de educación infantil o Puff (1981), O Noso Galego 4 (1984), Propostas didácticas (1984), Lingua de Bacharelato 1 (1989) e Lingua de Bacharelato 2 (1989) e outro material complementario de lingua e literatura. No ano 1981 foi asignada en comisión de servizos á Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia para tarefas administrativas como encargada de habilitacións, exención e revisión de textos e, por orde do 1 de febreiro de 1983, foi nomeada xefa do Servizo de Normalización, Asesoramento, Promoción da Lingua Galega e Toponimia, cargo que desenvolveu ata o ano 1985 na Consellería de Educación e Cultura. Nos anos 1990 e 91 estivo destinada, en Comisión de servizos, na Real Academia Galega desenvolvendo a actividade de redactora do Dicionario da Lingua Galega que publica esta institución no ano 1997. É autora de obras de aplicación didáctica, Do falar e do escribir (1995), de Punto por punto (1997) e do Dicionario do seguro (1998) Tamén é coautora de diferentes publicacións de material pedagóxico para a formación de adultos: Curso superior de linguaxe xurídica (1996), Lingua galega, iniciación (2002) e Curso de linguaxe administrativa (2001) obra que se editou na súa quinta edición revisada (2007) e sexta 2009). O traballo de investigación no ámbito lingüístico, iniciado coa publicación de Do falar e do escribir (1995), céntrase no estudo da fraseoloxía galega e tivo continuidade nas publicacións Así falan os galegos e o Dicionario de fraseoloxía galega dos que é coautora con María Rosario Soto. Neste momento están realizando o dicionario de correspondencias fraseolóxicas entre a lingua galega e a lingua castelá.Tamén forma parte do consello de redacción dos Cadernos de fraseoloxía galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Preparou o aspecto lingüístico da edición de A campaña da Caprecórneca de Otero Pimentel, e, dentro do xénero teatral, publicou O muíño baleiro (1984) amais da obra poética, Cantares (1983), que é unha achega á poesía infantil musicada por Manuel Rico. O poema "O meu neno está no berce", que se inclúe nesta publicación, foi gravado por Manuel Rico, Fuxan os ventos, Rosa Cedrón e Xabier e Guillerme e incluído na Antoloxía da poesía infantil galega, Os ecos do bilurico e na Antoloxía da poesía infantil galega O libro dos cen poemas.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.