Avanzada

Libros

HOME DAS BONECAS, O
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

HOME DAS BONECAS, O

978-84-121280-9-3 / 9788412128093

6,00 €      comprar

Comentarios

O home das bonecas responde ás características da literatura da fin do século en canto ao estilo requintado, a atmosfera lúgubre, o erotismo mórbido ou as paixóns violentas. A loucura exemplifícase na atención exclusiva que lle dedica o protagonista, Menzel, á súa variada colección de bonecas en detrimento da muller real, Yane, unha fermosa actriz á que coñeceu un serán na ópera e que dende entón o importuna coas súas asiduas visitas.

Á maneira dun manifesto simbolista, o relato propugna a superioridade do ideal sobre o real, do soño sobre a vida, ao tempo que emparenta cunha longa tradición arredor dos seres artificiais que se remonta ao mito de Pigmalión relatado por Ovidio, pasa pola figura do gólem e os robots de Isaac Asimov e Stanislaw Lem, e chega mesmo aos androides de Philip K. Dick e ás hortensias do uruguaio Felisberto Hernández. Lémbrese, por outra banda, que o século XIX fora particularmente fecundo en obras que presentan a cuestión do dobre e do poder divino que se arroga o ser humano no seu desexo de crear vida, dende Frankenstein (1818), de Mary Shelley, até A Eva futura (1886), de Villiers de l’Isle Adam, cuestionando os novos poderes proporcionados polas ciencias e a técnica da era industrial a canda os límites éticos.

Así mesmo, podería sinalarse a relación co Pinocho (1894), de Collodi, e máis claramente co relato do alemán E. T. A. Hoffmann «O home de area» (1817). Neste sentido cabe destacar que a ópera Les Contes d’Hoffmann (1881), composta por Jacques Offenbach e o libretista Jules Barbier, ten un papel central no relato, pois Menzel namórase de Yane cando esta interpreta a Olympia o serán que asiste a unha das súas representacións.

Otros libros de la colección VÓLVENSE OS PAXAROS CONTRA AS ESCOPETAS

DAMA DE GLENWITH GRANGE, A
DAMA DE GLENWITH GRANGE, A

978-84-122593-0-8

COLLINS, WILKIE

O ASASINATO DA PONT-ROUGE
O ASASINATO DA PONT-ROUGE

978-84-943230-7-2

BARBARA, CHARLES

Portada No Disponible
A NOVELA DE VIOLETTE

978-84-942005-9-5

MANNOURY, MARQUESA DE

A VIAXE A BUDAPEST
A VIAXE A BUDAPEST

978-84-942005-2-6

BARREDO IBAÑEZ, DANIEL

JUSTINE O LAS DESGRACIAS DE LA VIRTUD
JUSTINE O LAS DESGRACIAS DE LA VIRTUD

979-13-7009-007-4

MARQUÉS DE SADE (DONATIEN-ALPHONSE-FRANÇOIS)

INDIANA
INDIANA

978-84-1176-417-9

DUPIN, AMANTINE AURORE, SAND, GEORGE, SAND, GEORGE (PSEUD. DE AURORA DUPIN)

ISLA MISTERIOSA, LA
ISLA MISTERIOSA, LA

979-13-7009-015-9

VERNE, JULES