Avanzada

Libros

RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO, A
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO, A

978-84-7680-761-3 / 9788476807613

20,00 €      comprar

Comentarios

A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional. Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea. En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias e garañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa. A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

Otros libros del autor CABADA CASTRO, MANUEL

Portada No Disponible
Portada No Disponible
RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO

978-84-8487-632-8

CABADA CASTRO, MANUEL

RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO
RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO

978-84-8487-631-1

CABADA CASTRO, MANUEL

Portada No Disponible
CRONICA DE UN ENCUENTRO-DESENCUENTRO CULTURAL

978-84-8468-722-1

CABADA CASTRO, MANUEL

Otros libros de la colección SIN COLECCION

Portada No Disponible
O CARBALLO DE PADROSO II

978-84-7680-791-0

AUTORES VARIOS

MEMORIA DUNHA ALDEA
MEMORIA DUNHA ALDEA

978-84-7680-789-7

GÁNDARA, XOÁN

Portada No Disponible
(G).DACABALO DO AIRE

978-84-7680-784-2

MARTIN, CLARA

Portada No Disponible
DETRAS DE LA NOCHE MAS OSCURA

978-84-7680-782-8

Otros libros la materia Etnografía. Etnología.

Portada No Disponible
COMIDA DE VERDAD

978-84-09-64988-4

SÁMANO HERNÁNDEZ, JUDITH GUADALUPE

A TERRA DO EO-NAVIA. A GALEGUIDADE EN ASTURIAS
A TERRA DO EO-NAVIA. A GALEGUIDADE EN ASTURIAS

978-84-10324-24-4

MIRAGAIA, MANUEL

Portada No Disponible
VALLE DE SOLANA. HORA CERO.

978-84-8321-612-5

ALFONSO SANTOLARIA LORENZO

TATUAJE JAPONÉS
TATUAJE JAPONÉS

978-84-19220-92-9

PONS,PHILIPPE