En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O crime de Psichiko publicouse en forma de folletín en 1928. Malia non responder exactamente ás características do xénero policial tal e como o coñecemos na actualidade, constitúe unha hábil parodia das novelas construídas ao redor dun crime. Pavlos Nirvanas sérvese da trama para satirizar aspectos como o exacerbado sensacionalismo da prensa, o sistema penitenciario, a desidia da policía ou a inxenuidade dunha sociedade acrítica.
Corre a década de 1910 cando, no barrio ateniense de Psichiko, aparece o cadáver dunha muller nova con numerosas laceracións producidas por un coitelo. Os xornais axiña se fan eco da nova, pero, co paso dos días, o interese da xente por tan truculenta historia vai esmorecendo sen que as calamitosas indagacións das autoridades consigan descubrir nin a identidade da finada nin a do asasino. Será daquela cando Nikos Molochantis, un mozo acomodado, ocioso e patoloxicamente ávido dunha fama efémera, artimañe un plan de consecuencias imprevisibles: está disposto a inculparse dun crime que non cometeu, arriscándose incluso a morrer na guillotina.
O resultado é un relato enxeñoso, cáustico no estilo e de crecente suspense que ademais recrea a atmosfera da capital grega a comezos do século XX, dando conta de diferentes estratos sociais, de aí o seu interese histórico.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.