En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Dos beizos incriblemente abertos da flor O poema esperta na rosa. Dá brazadas no aire. Corre no soño do idioma. Estira a memoria nocturna da lingua, rompe, curva a auga contra a pedra. É de ninguén. Entre as palabras, o raio do día, o poema abre os ollos na ría, o mínimo para que o sol poida entrar. Perla, tensa cada letra no canto. Liba, non produce o mel. Murmura, pregunta, suplica. Na cesura, no encabalgamento, unha síncope, un espasmo. Este libro é unha flor que se abre. Abrirse é o seu interior. De onde vén este nome, FME¯NI, esta luz que pestanexa? Conta Roberto, mentres o sol baixa dende a banda de Rianxo, que, xa repousado o libro, lembrou un soño, o soño co que Sócrates quixo acalmar a Critón ante a inminencia da morte asumida: que chegues á fértil Ftía o terceiro día, dicíalle unha bela muller de branco pouco antes de espertar na compaña do amigo. A semellanza entre os nomes, traída á conversa como coincidencia, nada máis que afastada resonancia, quixo, porén, ficar nestas liñas. Non é esa permanencia do máis amado o que a lingua balbuce, sen sabermos se promete ou recorda? Aliquid FME¯N
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.