Avanzada

Libros

XOAN BRANCO E A GRAN REVOLTA IRMANDIÑA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

XOAN BRANCO E A GRAN REVOLTA IRMANDIÑA

978-84-127675-4-4 / 9788412767544

12,00 €      comprar

Comentarios

ESTA É A HISTORIA DUNHA REVOLUCIÓN E A DUN DOS HOMES QUE A FIXERON POSIBLE.

Unha revolución como nunca antes se vira, capaz de pór o mundo do revés e de levar a paz e a xustiza a unha terra que só coñecía a miseria e a brutalidade.

Un home que soñou un mundo mellor... e que non quedou de brazos cruzados.



A guerra irmandiña
A gran revolta irmandiña, que sacudíu Galiza entre 1467 e 1469, é un asombroso levantamento de todo un pobo contra a opresión e o mal goberno. En apenas uns meses, uns oitenta mil irmandiños alzados en armas —labregos, artesáns, pescadores, viláns, cregos, xudíos...— conseguiron derrotar á nobreza, que fuxíu a Castela ou Portugal, e facerse co control do reino.

Por primeira vez na nosa historia, a xente do común tomou as rendas do seu destino. Foi a primeira revolta europea que conseguíu a implantación, aínda que por un breve período de tempo, dunha nova orde baseada na xustiza e a equidade. Á fronte estaban as Xuntas da Irmandade do Reino de Galiza, o antecedente da actual Xunta de Galiza, que artellaron unha organización que foi quen de facer fuxir aos nobres, extirpar o bandoleirismo, organizar a administración de xustiza, o poder militar e o cobro de tributos en representación do rei e impoñer a paz.

A gran revolta irmandiña segue a ser a gran descoñecida da nosa historia como país. Non obstante, supuxo a fin da cabaleiría medieval en Galiza e abríu as portas á idade moderna.

A revolta dos irmandiños é un acontecemento que expresa como poucos a forza da unidade da xente do común. Por méritos propios, forma parte dese reducido conxunto de xestas das que a humanidade enteira debe sentirse, con razón, orgullosa. Pois, ao cabo, a gran revolta irmandiña non é sino un chanzo máis na procura da liberdade e a dignidade humanas.

A presente obra só ten unha pretensión: achegar, a través da figura dun dos impulsores deste movemento, aqueles trascendentais feitos dos que os nosos antergos foron protagonistas. Porque neles, nos sucesos deses anos, alenta o mellor de nós como país.



Xoán Branco
Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi o dirixente máis representativo da gran revolta irmandiña que sacudiu Galiza entre 1467 e 1469, o único capitán xeneral, que saibamos, que non procedía do estamento nobiliario, como sucedeu no caso de Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, os outros tres grandes nomes da revolta.

Branco é citado polos documentos da época como deputado, representante ante o rei, capitán xeneral e, fundamentalmente, home honesto e cabal, amigo dos pobres e preocupado polos abusos dos señores. Aparece na memoria colectiva derrubando fortalezas, ordenando o axustizamento de malfeitores e acudindo ante o rei Henrique IV en representación dos irmandiños. Foi quen de agrupar a labregos, burgueses, artesáns, mercadores e cregos na defensa da paz e o bo goberno.

A súa morte, tras a derrota da Irmandade, está rodeada de misterio. As fontes afirman que «o mataron», aínda que sen especificar quen nin en que circunstancias. A súa memoria perdurou no imaxinario popular como exemplo de home xusto e defensor dos humildes.

Otros libros del autor ZABALETA, FRAN

Portada No Disponible
HISTORIAS PARA DISFRUTAR CON LA HISTORIA

978-84-129435-5-9

ZABALETA, FRAN

Portada No Disponible
03 HISTORIAS PARA DISFRUTAR CON LA HISTORIA

978-84-129435-3-5

ZABALETA, FRAN

Portada No Disponible
EN TIEMPO DE HALCONES

978-84-127675-8-2

ZABALETA, FRAN

Portada No Disponible
GUAROCUYA

978-84-949646-8-8

ZABALETA, FRAN

Otros libros de la colección < Genérica >

1809. GALICIA EN ARMAS
1809. GALICIA EN ARMAS

978-84-129435-0-4

ROLLAND, EDUARDO

LO EXTRAORDINARIO
LO EXTRAORDINARIO

978-84-949646-4-0

ZABALETA, FRAN

VIAJE AL INTERIOR
VIAJE AL INTERIOR

978-84-949646-1-9

ZABALETA ESTEVEZ, FRAN

Otros libros la materia Historia de Galicia.

BREVE ACHEGA AOS CAMPOS DE CONCENTRACION NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
BREVE ACHEGA AOS CAMPOS DE CONCENTRACION NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

978-84-127113-3-2

CARAMÉS ESPADA, CRISTINA

CONDADO DE LEMOS NA IDADE MEDIA, O (I SIMPOSIO DE HISTORIA EN TERRA DE LEMOS)
CONDADO DE LEMOS NA IDADE MEDIA, O (I SIMPOSIO DE HISTORIA EN TERRA DE LEMOS)

978-84-453-4779-9

BALIÑAS PÉREZ, CARLOS, LOPEZ CARREIRA, ANSELMO, PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, EDUARDO, LOPEZ GOMEZ, FELIPE-SENEN, DUARTE, LUIS MIGUEL, MORAIS BARROS, AMÂNDIO JORGE, BARROS, CARLOS, MONTEAGUDO, HENRIQUE, FREIXEIRO MATO, XOSE RAMON, MARTINEZ PEREIRO, CARLOS PAULO, DIÉGUEZ, LOIS, GARCIA ORO, JOSE, PORTELA SILVA, MARIA JOSE

PAÍS INVISIBLE, EL
PAÍS INVISIBLE, EL

979-13-87839-18-5

LEZCANO GONZÁLEZ, ARTURO