En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Birgit Vanderbeke naceu na RDA en 1956. Tiña cinco anos cando a súa familia fuxiu ao Oeste e se instalou en Frankfurt. De nena sobresaíu nos estudos, na música e nos deportes, mais nunca deixou de se sentir diferente dos compañeiros: "Sempre cos zapatos que non eran, as medias que non eran, o peiteado que non era". En 1989 Vanderbeke conciliaba a súa faceta de nai dun neno pequeno coa de filóloga investigadora, ultimando unha antoloxía epistolar que ilustraba a pobreza material dos xenios da literatura. Entón caeu o Muro de Berlín e principiou a reunificación alemá, e con ela a súa carreira literaria: en 1990 gañou o premio Ingeborg Bachmann coa súa opera prima, Mexillóns para cear. Foi a primeira dunha regular serie de obras breves de inconfundible estilo "sinxelo pero sofisticado", segundo Die Welt que teñen recibido o aplauso do público, da crítica e dos xurados dun bo número de galardóns literarios.
A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. Mais pouco e pouco comprenden que esa noite non vai ser coma as de sempre, pois pasan as horas e o pai non dá chegado. Cun monólogo de longas frases en espiral, invitación continua a ler entre liñas, Vanderbeke presenta un retrato de familia que na súa brevidade lle regala ao lector a posibilidade de emprender múltiples interpretacións, desde a reflexión estética á denuncia política, pasando polo estudo psicolóxico e social.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.