Avanzada

Libros

A PRINCESA DO CAUREL
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
, ,

A PRINCESA DO CAUREL

978-84-96573-52-9 / 9788496573529

15,90 €      comprar

Comentarios

E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da Princesa do Caurel… E isto que é?

A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.

A personaxe que lle dá título á obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a narración. Por exemplo, a unha frase curta «Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel», vanse engadindo dun xeito sistemático, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convértese no fío condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz. Tamén con el, péchase o ciclo de maneira circular, e restablécese a orde do principio do conto: «Este é o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel». Por último, a repetición dos sucesos, facilita a memorización do texto.

En moitas versións, a acumulación termina coa representación da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro…). Porén, máis similares a esta son as series atopadas noutros contos de fórmula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro… En todos estes relatos, a rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia, e para alén diso, a transición duns acontecementos a outros, prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Características todas que contribúen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético.

Javier Solchaga ofrécenos unha especial proposta de ilustración tridimensional, elaborada a partir de elementos reciclados (botellas, madeira, pedras, arame…). O xogo compositivo e de iluminación co que nos sorprende a fotografía, supón un valor engadido ao libro. Sorprendente, resulta tamén, a presenza de obxectos e personaxes (anel, pano, pau…) fotografados desde un ángulo imposible, para que o lector tente adiviñar, cal será o protagonista da seguinte acción. Por todo isto, texto e imaxe compleméntanse aquí, máis que nunca para achegar novos puntos de vista e espertar a imaxinación dos máis pequenos.

MENCIÓN WHITE RAVEN 2007 (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2007

Texto de Patacrúa, a partir dun conto popular europeo
Ilustracións de Javier Solchaga

Otros libros del autor PATACRUA

VERLIOKA (CASTELLANO)
VERLIOKA (CASTELLANO)

978-84-9871-728-0

PATACRUA, MAGICOMORA

VERLIOKA (GALEGO)
VERLIOKA (GALEGO)

978-84-9871-729-7

PATACRUA, MAGICOMORA

PACO PAPÁN
PACO PAPÁN

978-84-9871-687-0

PATACRUA

LOBOFEROZ
LOBOFEROZ

978-84-9871-590-3

PATACRUA

Otros libros de la colección COLECCIÓN O

MAGO ROSA (CASTELLANO)
MAGO ROSA (CASTELLANO)

978-84-9871-759-4

ARNAL, TXABI, KHEIRIYEH, RASHIN

MAGO ROSA (GALEGO)
MAGO ROSA (GALEGO)

978-84-9871-760-0

ARNAL, TXABI, KHEIRIYEH, RASHIN

O TRASEIRO DO REI
O TRASEIRO DO REI

978-84-9871-757-0

SAIZ, RAQUEL, DAVIDDI, EVELYN

EL TRASERO DEL REY
EL TRASERO DEL REY

978-84-9871-756-3

SAIZ, RAQUEL, DAVIDDI, EVELYN

Portada No Disponible
ÀFRICA BLANCH I EL MISTERI DE LA GRAVETAT PERDUDA

978-84-09-75939-2

CIGARRÁN MENSA, MIREIA

Portada No Disponible
DESCUBRE HALLOWEEN

978-84-19898-49-4

KUHTINA, MARGARITA

Portada No Disponible
EL SONIDO DE LOS INSTRUMENTOS

978-84-19898-47-0

EL PIRATA, EDITORIAL

Portada No Disponible
EL SONIDO DE LOS VEHÍCULOS

978-84-19898-48-7

EL PIRATA, EDITORIAL