En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O cabaleiro Lanzarote do Lago parte na busca da raíña Xenebra, raptada polo xigante Meleagant, fillo do rei Gorre, reino do que xamais retorna ningún estranxeiro. Para rescatar a raíña, o cabaleiro non dubida en subir á Carreta, vehículo infamante, onde daquela eran paseados os delincuentes para o seu descarnio e deshonra. Tras superar as probas e dificultades que presenta o camiño, o cabaleiro chega á raíña Xenebra a forza de valor, fe e decisión. O autor de Lanzarote ou o cabaleiro da carreta foi Chrétien de Troyes, crego de Champaña, que escribiu esta obra, entre os anos 1177 e 1181, na segunda metade do século XII, baixo a protección de Alienor de Aquitania -muller do soberano inglés Henrique II e filla de María de Francia e de Felipe de Flandres-. Tódalas obras de Chrétien achegáronse dunha maneira ou doutra á corte de Artur, convertida polo xenio do escritor champañés en modelo de xentileza cortesá e proeza cabaleiresca. En Lanzarote ou o cabaleiro da carreta, como no seu incluso Percival e os contos do Grial, Chrétien adecuou á mentalidade do Occidente medieval as historias sacadas sen dúbida da literatura e das tradicións folclóricas celtas. O seu maxistral emprego das técnicas narrativas e da descrición de personaxes crearon toda unha escola que durante case un século seguiu o ronsel deixado por el. A súa mestría literaria resúmese na esixencia de acadar en cada relato unha boa conxuntura ou que é o mesmo, que o argumento (materia) que contitúe a trama do libro estea expresado dun xeito fermoso e coherente.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.