En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Neste novo libro de Ferreiro, o seu primeiro conxunto de relatos, atopará o lector case todo o acervo narrativo tradicional: ánimas en pena, o lobo, encantos, serpes, a estadea, nunhas historias contadas co sabor inxenuo e marabillado dos contos referidos a carón do lume nas lareiras aldeanas.
Dunha maneira case insensible, con esa naturalidade de quen está a describir algo moi seu, Ferreiro métenos na vida de aldea, no seu máis puro quefacer cotián, en historias que discorren sen alardes, coa suavidade da auga do río no remanso, antes de precipitarse no rodicio do muíño, como tamén a horizontalidade narrativa se precipitará finalmente nun cadoiro inesperado por máis esperado que o tivésemos.
Co medo nas mans trae a nós un mundo que xa morreu, un mundo que os novos, para coñecelo, terán que llo buscar ós libros. Ferreiro coñoceuno, e viviuno, por iso hai tanta verdade nos seus relatos, aínda que non todos os contos pertenzan á tradición popular. Especialmente dous deles, lévannos a outros mundos distintos. O medieval en A morte de Orlando, unha das historias máis suxerentes desta entrega. E o mundo dos robots, dos centros de investigación espacial, en A estraña historia de Dolores, un relato inquietante, que por veces nos trae lembranzas do cine.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.