En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo seu irmán historias da cultura dos celtas.
Un día, xogando no parque, Cibrán bate cun medallón, que ten gravadas nas dúas caras unha chalana de coiro e un circo de pedras. Ó collelo, queda durmido e desaparece da época actual.
Reaparece nun lugar diferente, na cidade celta de Calión que foi asolagada por unha maldición. Cando os habitantes ven o medallón de Cibrán, cren que é o enviado que estaban a agardar. Sométeno a tres probas, que o rapaz pasa sen dificultade.
Cibrán e dezasete homes máis embarcan rumbo á illa de Avalón, onde vive o Reí Pescador. A viaxe é accidentada e chea de perigos. Exacoca, un anano de seis cabezas, e Setanta, un valente guerreiro, axudaranos a vence-la serpente Leviatán e a chegar con ben á illa.
O Rei Pescador dilles que para desface-la maldición de Calión e das outras cidades da confederación celta teñen que vence-lo xigante do ollo na caluga e os habitantes das tebras. E así Calión quedará liberada.
Dúas semanas despois da súa desaparición, Cibrán reaparece de novo. Ninguén cre a historia que conta pero el, que conserva o medallón e unha rara mensaxe, sabe que todo aconteceu de verdade.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.