En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sobranceiras da cultura ilustrada do século XVIII hispano e un dos primeiros e máis singulares estudiosos da cultura galega. Amante da sabedoría, lector infatigable, escritor torrencial, atento a moitos dominios da vida cultural do seu tempo, Sarmiento destacou por ser tanto un dos introductores de Newton en España, como o erudito que recupera a memoria da lírica medieval galega; o lector en varios idiomas, ou o escritor en galego do Coloquio de vintecatro galegos rústicos; o medievalista que analiza a documentación de séculos dos mosteiros galegos, e o científico que fai ensaios de electromagnetismo e hibridación de plantas; o botánico que escribe páxinas fermosas da nosa historia natural, tanto coma o filólogo adiantado dos estudios de filoloxía románica; o correspondente de importantes científicos europeos, así coma o viaxeiro que analiza e constrúe pezas basais da cultura galega; aquel que estaba presto para dar a súa opinión informada sobre asuntos da vida pública, ou mesmo aquel que quería unha educación racional, da vida e para a vida, e unha escola en galego. Sarmiento .Vida e obra, o libro preparado por Antón Costa Rico para dar a coñecer a figura homenaxeada o 17 de maio de 2002, pretende debuxar o perfil desta senlleira personalidade, percorrendo a súa vida, o seu tempo e a súa obra, que é a dun investigador e un pensador que se manifesta como galego e como ilustrado. Un percorrido que procura facerse co acompañamento de escritos breves saídos da súa pluma, e de varios apuntes informativos que axuden a captar as vicisitudes dunha biografía singular; a de alguén que, como el dixo, nada facía, dicía ou escribía sen ter o seu pensamento en Galicia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.