Avanzada

Libros

RETIRADA DE SIR JOHN MOORE- (GALICIA NAS GUERRAS NAPOLEONICA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

RETIRADA DE SIR JOHN MOORE- (GALICIA NAS GUERRAS NAPOLEONICA

978-84-8302-772-1 / 9788483027721

DESCATALOGADO

Comentarios

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.

A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros. O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter mesmo no fragor da batalla de Elviña.

Otros libros del autor CARREIRO, PEPE

CANDO FUNDAMOS UN REINO CO POBO SUEVO
CANDO FUNDAMOS UN REINO CO POBO SUEVO

978-84-19219-92-3

CARREIRO, PEPE

POETA MANUEL MARÍA MUDA DE CASA, O
POETA MANUEL MARÍA MUDA DE CASA, O

978-84-944417-7-6

CARREIRO, PEPE, CARREIRO, ABRAHAM

CANDO PELEXAMOS COAS LEXIONS ROMANAS
CANDO PELEXAMOS COAS LEXIONS ROMANAS

978-84-10250-01-7

CARREIRO MONTEIRO, PEPE, CARREIRO, PEPE

OS BOLECHAS. CANDO VIVIAMOS NOS CASTROS
OS BOLECHAS. CANDO VIVIAMOS NOS CASTROS

978-84-10250-00-0

CARREIRO, PEPE

Otros libros de la colección < Genérica >

PAN GALEGO
PAN GALEGO

978-84-1110-502-6

SOMOS UN POBO DE ARTISTAS: O MÉTODO LUISA VILLALTA
Portada No Disponible
LINGUA E LITERATURA, 2º BACHARELATO

978-84-1110-205-6

CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR, IGLESIAS ALVAREZ, ANA, PENA SANCHEZ, XOSE RAMON, ROSALES CEREIJO, MANUEL

LINGUA 4 EDUCACION PRIMARIA. CADERNO DO ALUMNADO. PROXECTO TECELINGUA.
LINGUA 4 EDUCACION PRIMARIA. CADERNO DO ALUMNADO. PROXECTO TECELINGUA.

978-84-1110-187-5

AÑÓN MONTES, MARTA, FERNANDEZ TRELLES, SABELA, DOCAMPO MOSQUERA, MARÍA, LORENZO LÓPEZ, LUCÍA, PAMPÍN ARES, LAURA MARÍA

Portada No Disponible
ASTRO ROYALE N 03

978-84-10305-59-5

WAKUI KEN

Portada No Disponible
Portada No Disponible
1. MÀGIA AL CAMP

978-84-683-7545-8

ATOLONIA

Portada No Disponible
1. MAGIA EN EL PRADO

978-84-683-7544-1

ATOLONIA