Avanzada

Libros

PEQUENA MITOLOXIA DE GALICIA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
, , ,

PEQUENA MITOLOXIA DE GALICIA

978-84-8302-705-9 / 9788483027059

DESCATALOGADO

Comentarios

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro...
Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras.
Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.

Otros libros del autor MIRANDA RUIZ, XOSE

PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

978-84-1110-153-0

REIGOSA, ANTONIO, MIRANDA RUIZ, XOSE, CUBA, XOAN R.

DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS
DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

978-84-1110-072-4

CUBA, XOAN R., REIGOSA, ANTONIO, MIRANDA RUIZ, XOSE

PEL DE LOBO
PEL DE LOBO

978-84-9914-610-2

MIRANDA RUIZ, XOSE

MORNING STAR
MORNING STAR

978-84-9914-603-4

MIRANDA RUIZ, XOSE

Otros libros de la colección < Genérica >

PAN GALEGO
PAN GALEGO

978-84-1110-502-6

SOMOS UN POBO DE ARTISTAS: O MÉTODO LUISA VILLALTA
Portada No Disponible
LINGUA E LITERATURA, 2º BACHARELATO

978-84-1110-205-6

CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR, IGLESIAS ALVAREZ, ANA, PENA SANCHEZ, XOSE RAMON, ROSALES CEREIJO, MANUEL

LINGUA 4 EDUCACION PRIMARIA. CADERNO DO ALUMNADO. PROXECTO TECELINGUA.
LINGUA 4 EDUCACION PRIMARIA. CADERNO DO ALUMNADO. PROXECTO TECELINGUA.

978-84-1110-187-5

AÑÓN MONTES, MARTA, FERNANDEZ TRELLES, SABELA, DOCAMPO MOSQUERA, MARÍA, LORENZO LÓPEZ, LUCÍA, PAMPÍN ARES, LAURA MARÍA

Otros libros la materia Religiones no cristianas. Mitología.

ANALECTAS DE CONFUCIO
ANALECTAS DE CONFUCIO

979-13-87548-04-9

CONFUCIO, PREVOSTI MONCLÚS, ANTONI

Portada No Disponible
TAO TE CHING

978-84-1098-359-5

LAO TSE

BARRERA SIN PUERTA, LA
BARRERA SIN PUERTA, LA

978-84-87403-85-9

SHIBAYAMA, ZENKEI

Portada No Disponible
EL JAINISMO (NUEVA EDICIÓN REVISADA Y ACTUALIZADA)

978-84-1121-377-6

PÁNIKER VILAPLANA, AGUSTÍN